viernes, 27 de abril de 2012

- O HIMNO -

REDUCIR,REUTILIZAR E RECICLAR

- A NOSA PÁXINA WEB -

E.E.I. AS DUNAS
http://www.edu.xunta.es/centros/eeidunaspanxon/

- BENVIDOS -

      As tartarugas de panxón comenzan a sua andaina como Ecopartulla, xa que dende este ano estamos no Programa Ecoescuelas.
A Campaña Ecoescuelas é unha campaña a nivel internacional, que pretende introducir e/ou potenciar a educación ambiental para o desenvolvemento sostible e a xestión e certificación ambiental en centros de educación infantil, primaria e secundaria. O seu enfoque holístico, participativo e dende a aprendizaxe, o que fan dela unha Campaña ideal para que os centros escolares se embarquen nun proceso significativo para a mellora do seu ámbito e da comunidade local, influenciando na vida e implicando á totalidade da comunidade educativa do centro escolar: alumn@s, profesores, nais e pais, persoal directivo, administrativo e de servizos, etc.
Ao mesmo tempo, favorece a implicación das autoridades municipais, requirindo a súa colaboración para que as ideas xurdidas nos centros sexan levados á práctica dentro e fora do ámbito escolar e facilítese a participación cidadá no desenvolvemento sostible do municipio, favorecendo e animando ás autoridades locais á posta en marcha de iniciativas dirixidas á elaboración de Axendas Locais 21.
A participación dos centros escolares na Campaña Ecoescuelas é totalmente voluntaria e está aberta a centros escolares de todo o territorio nacional.
A Campaña anima ao alumnado a desenvolver un papel activo e participativo nos seus centros e móstralles como poden mellorar e beneficiar o seu medio local, a través de medidas xurdidas nos centros, en especial, nas temáticas de AUGA, RESIDUOS e ENERXÍA. Deste modo, estimula nas futuras xeracións o hábito de participación nos procesos de toma de decisións, así como conciencia da importancia do medio no día a día da súa vida familiar e social e na Cooperación Internacional.