sábado, 19 de mayo de 2012

- XABÓN DE GLICERINA -

Fixemos xabóns de formiñas, a partir de xabón de glicerina. A continuación explícamosvos como se fai:
1) Cortamos en anaquiños o xabón de glicerina.
2) Botámolo nun recipiente para microondas, tapámolo con papel transpatrente e dámoslle durante 1-2 minutos calorciño, para que se derreta, pero que non ferva.
3) Sacámolo e botámoslle a esencia (no noso caso era lavanda) e o colorante(alimenticio), removemos e xa está listo para botar nos moldes. Hai que botalo rápido nos recipientes, porque seca enseguidiña.
4) En 1-2 horiñas xa están listos.

- O XABÓN DE ACEITE -

Mirade como nos quedou oxabón que fixemos co aceite usadao.Agora só queda probalo.



- AS SEMILLAS -

As semillas de albahaca que plantaron @s nen@s de 3 e 5 anos, SAIRONNNNNN...........!!!!!!



martes, 15 de mayo de 2012

- PLANTAMOS UNHA HORTA -

       @S NEN@S DE 3 E 4 ANOS PLANTAMOS UNHA HORTA CON TEIXUGO. PLANTAMOS: PEMENTOS, LEITUGAS, TOMATES, CABACIÑAS, ACELGAS....AGORA A COIDALAS E REGALAS TODOS OS DÍAS.

A HORTA AROMÁTICA

@S NEN@S DE 3 E 5 ANOS FIXEMOS UNHA HORTA AROMÁTICA CON TEIXUGO, AS SEMILLAS ERA DE ALBAHACA. DESPOIS TAMÉN FIXEMOS SAIS DE BAÑO. QUE BEN O PASAMOS, AGORA AS SEMILLAS TEÑEN SÓ QUE MEDRARRRRRRR......!!!!!

lunes, 7 de mayo de 2012

- TALLER DE XABÓN -

O VENRES 4 DE MAIO FIXEMOS XABÓN, OS NOSOS INGREDIENTES FORON:
- ACEITE USADO E COLADO.
- SOSA CAUSTICA (que só manipularon as profes).
- AUGA QUENTE.
- COLORANTE.
- ESENCIAS.



miércoles, 2 de mayo de 2012

CABRITIÑOS RECICLADOS

 @S NEN@S DE 3 ANOS, PREPARAMOS COA PROFE RAQUEL A REPRESENTACIÓN DO CONTO DOS 7 CABRITIÑOS PARA A SEMANA DO LIBRO. COMO ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA FIXEMOS CABRITIÑOS CON PLATOS DE PLÁSTICOS. NÓS PICAMOS OS CORNOS-ORELLAS, E DESPOIS COLOCAMOS AS DIFERENTES PARTES DA CARA DO CABRITIÑO, PARA QUE A PROFE AS PUIDERA PEGAR.
MIRADE QUE BEN QUEDARON, AGORA LEVÁMOLAS PARA CASA, QUE SEGURO QUE LLE ATOPAMOS UN SITO ONDE COLGALOS.

RECICLAXE PARA NEN@S


POCOYO ENSÍNANOS A RECICLAR


viernes, 27 de abril de 2012

- O HIMNO -

REDUCIR,REUTILIZAR E RECICLAR

- A NOSA PÁXINA WEB -

E.E.I. AS DUNAS
http://www.edu.xunta.es/centros/eeidunaspanxon/

- BENVIDOS -

      As tartarugas de panxón comenzan a sua andaina como Ecopartulla, xa que dende este ano estamos no Programa Ecoescuelas.
A Campaña Ecoescuelas é unha campaña a nivel internacional, que pretende introducir e/ou potenciar a educación ambiental para o desenvolvemento sostible e a xestión e certificación ambiental en centros de educación infantil, primaria e secundaria. O seu enfoque holístico, participativo e dende a aprendizaxe, o que fan dela unha Campaña ideal para que os centros escolares se embarquen nun proceso significativo para a mellora do seu ámbito e da comunidade local, influenciando na vida e implicando á totalidade da comunidade educativa do centro escolar: alumn@s, profesores, nais e pais, persoal directivo, administrativo e de servizos, etc.
Ao mesmo tempo, favorece a implicación das autoridades municipais, requirindo a súa colaboración para que as ideas xurdidas nos centros sexan levados á práctica dentro e fora do ámbito escolar e facilítese a participación cidadá no desenvolvemento sostible do municipio, favorecendo e animando ás autoridades locais á posta en marcha de iniciativas dirixidas á elaboración de Axendas Locais 21.
A participación dos centros escolares na Campaña Ecoescuelas é totalmente voluntaria e está aberta a centros escolares de todo o territorio nacional.
A Campaña anima ao alumnado a desenvolver un papel activo e participativo nos seus centros e móstralles como poden mellorar e beneficiar o seu medio local, a través de medidas xurdidas nos centros, en especial, nas temáticas de AUGA, RESIDUOS e ENERXÍA. Deste modo, estimula nas futuras xeracións o hábito de participación nos procesos de toma de decisións, así como conciencia da importancia do medio no día a día da súa vida familiar e social e na Cooperación Internacional.